empresa servizos traballos contacta
Servizos
Partnership
Dirección de Marketing
Asesoría de Marketing
Branding
e-Marketing
Campañas
Start-up
Consultoría
Estudos de Mercado
Merchandising
Campañas de Telemarketing
 
Elaboración de Plans de Marketing
Marketing Relacional
Marketing Viral
Comunicación e Publicidade
SERVIZOS
Branding
Os nosos servizos de branding, están orientados a potenciar a marca como elemento diferenciador. A marca define a unha compañía e vai moito máis alá de calquera logotipo ou icona, ten que ver coa historia que está detrás, a paixón, o valor, a credibilidade, a súa singularidade, coa causa que motiva á compañía.

Cremos que as historias, experiencias e asociacións ao redor dunha marca, son moi importantes e cada vez teñen máis peso, porque co aumento da competencia e cun mercado cada vez máis maduro, a capacidade de transmitir sensacións e emocións é o máis importante nun mundo tan dominado pola tecnoloxía.

Traballamos para outorgar un posicionamento á marca de acordo cos obxectivos da compañía, xerar buzzmarketing, notoriedade e facer que a marca transmita unha personalidade propia.

Unha marca non se constrúe en dous días, e o traballo para construíla ten que ser brillante pero sobre todo constante e consistente ao longo do tempo. Por iso a través do noso valor humano e de coñecemento, envorcámonos en cada proxecto para alcanzar o éxito e a confianza dos nosos clientes.

Sabemos que un número sorprendentemente pequeno de consumidores son desproporcionadamente valiosos para unha marca.
Somos un equipo
Somos así
Lifting Imagine Lifting Web Lifting Media